Deportes

A Deputación publica as bases das axudas para clubs que participen en competicións de ámbito inferior ao estatal

Poderán solicitarse dende o luns, 21 de abril

A Deputación publica as bases das axudas para clubs que participen en competicións de ámbito inferior ao estatal

A Deputación de Pontevedra acaba de publicar no Boletín Oficial da Provincia as bases das axudas para clubs deportivos que participan en competicións oficiais de ámbito inferior ao estatal. Unha liña de achegas que conta cun orzamento de 650.000€, repartidos en réxime de concorrencia competitiva, e que poderán solicitarse a partir do vindeiro luns, 21 de abril, e durnate un prazo de 20 días hábiles.

Estes 650.000€, que o pasado ano beneficiaron a 519 clubs de 58 concellos da provincia, distribuiranse
en dúas liñas diferentes:

  • primeira, cun orzamento de 600.000€, está destinada aos clubs de competicións de ámbito inferior a estatal, que poden solicitar un máximo de 3.000 € cada un
  • a segunda, a que a Deputación destina 50.000€, está centrada naqueles clubs que participen na competición de fútbol Preferente Galicia, que recibirán ata 5.000€

En ambos casos, o importe máximo non pode superar o 80% do orzamento presentado e, entre os gastos subvencionables atópanse:

  • federativos
  • de competición e adestramento
  • de persoal
  • material deportivo
  • sanitarios

As bases da convocatoria, nas que se recollen ao detalle todos os requisitos e os gastos subvencionables, poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Te podría interesar