O concello das Neves xa está a celebrar a súa festa máis emblemática: a Feira do Requeixo e Mel, que este ano acada a súa XXXII edición. O presidente da Deputación, Luis López, acompañado pola alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial responsable de Turismo, Nava Castro, o alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, ademáis dos rexedores e rexedoras de A Cañiza, Arbo, Mondariz ou Salceda de Caselas, deu o pistoletazo de saída a esta cita de referencia para toda Galicia, tanto pola súa longa traxectoria como polo valor que dá aos produtos locais, en especial ao requeixo de As Neves, un símbolo da identidade e tradición do municipio.

Do 13 ao 19 de abril
Logo do pregón do actor Carlos Blanco, que fixo as delicias dos asistentes que esquenceron a choiva, a Feira xa está en marcha e ata este sábado os visitantes poden gozar depropostas para todos os públicos, combinando gastronomía, divulgación, música, artesanía e espectáculos.
Catas, obradoiros infantís, conferencias, exposicións, pasarrúas, concertos e o tradicional Certame de Música Tradicional Transfronteiriza, que afonda nos lazos culturais entre Galicia e Portugal, completan un programa de actividades que xa comezara o vindeiro domindo, día 13.

XXXII FEIRA DO REQUEIXO E MEL
- 13 DE ABRIL (DOMINGO)
10:00 h – Andaina circular do Requeixo. Saída desde a Escola de Cerdeira. Previa
inscrición. Organiza A.C. Carballo da Chan.
14 DE ABRIL (LUNS)
17:00 h – II Xornada sobre a Vespa Velutina. Escola de San Cibrán de Ribarteme.
15 DE ABRIL (MARTES)
18:00 h – Cata de Meles IXP de Galicia no Mercado Municipal. Previa inscrición.
17:30 h – Taller infantil “O Mel e o Requeixo” na Biblioteca Municipal. Previa
inscrición.
16 DE ABRIL (MÉRCORES)
17:00 h – Mesa redonda: Artesanía Alimentaria de Galicia. Requeixo de As Neves
como produto certificado.
19:00 h – Degustación de produtos de artesanía alimentaria galega no Mercado
Municipal.
18 DE ABRIL (VENRES)
11:00 h – Apertura oficial da Feira.
12:00 h – Pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas Os Atranclaveladas.
13:00 h – Pregón a cargo de Carlos Blanco. - 15:00 h – Actuación da Charanga Os Imperiais.
18:00 h – Actuación da Charanga Noroeste.
18:00 h – Espectáculo infantil “A Bailar de Animar-t” no Mercado Municipal.
22:00 h – Concerto do grupo Broke Covers.
23:30 h – Peche da Feira.
19 DE ABRIL (SÁBADO)
11:00 h – Apertura da Feira.
12:30 h – Inauguración da II Exposición da Camelia no Mercado Municipal.
13:30 h – Actuación do grupo 2Tipos.
17:00 h – II Certame de Música Tradicional Transfronteiriza, coa participación
do Grupo A Casa do Povo de Melgaço e o Rancho Santiago de Oliveira.
17:30 h – Inchables de balde para nenos e nenas no Pavillón Municipal.
19:30 h – Concerto do grupo Os Festicultores.
23:00 h – Peche da Feira.
23:30 h – DJ Pitt