A Xunta adxudicou o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 68 vivendas de promoción pública nas parcelas M-IIIB-7 e M-IIIB-8 de San Paio de Navia.
O consello de administración da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) adxudicou o contrato a Díaz y Díaz Arquitectos SLP, por importe de 199.730 euros. En este caso, o prazo para a presentación do proxecto é de dous meses dende a sinatura do contrato e para o de execución o prazo serán tres meses máis.
Máis novas
- El Gobierno local sólo ha ejecutado un 1,5% del presupuesto para infraestructuras
- ¿Buscas trabajo? aquí tienes algunas ofertas de empleo para Vigo
- Vigo dice adiós a Ángel Cameselle
- Muere el Papa Francisco
- Abre una nueva cafetería en Vialia, en el espacio de Bouzas WorkSpace
- Aberto o prazo de inscrición para os cursos gratuítos de condución segura de motos
910 vivendas en execución
Actualmente a Xunta de Galicia ten un total de 910 vivendas de promoción pública en execución en Navia. Deste total, 316 vivendas teñen xa adxudicado o contrato de obra e 594 teñen licitados ou en redacción os correspondentes proxectos de construción. A redacción dos proxectos das 101 restantes, que foron autorizadas recentemente polo Consello da Xunta, licitarase proximamente.