A Deputación de Pontevedra suma un novo recoñecemento á excelencia do destino Rías Baixas a través dos Premios dos Lectores convocados pola publicación Viajes National Geographic. Despois dun mes de votación entre xaneiro e febreiro, a provincia de Pontevedra foi escollida polos usuarios da revista como o mellor destino de praia, impoñéndose aos outros catro finalistas nesta categoría.
“Nestas terras respírase un ambiente tranquilo que invita a gozar do mar”
Sobre o destino Rías Baixas, a revista destaca que “situadas na costa noroeste de Galicia, as Rías Baixas son un destino de augas tranquilas, illas pequenas e vilas pesqueiras, rodeados dunha fermosa paisaxe verde”. Así mesmo, tamén salienta que “ademais do aire fresco do océano, nestas terras respírase un ambiente tranquilo que invita a gozar do mar, a terra e os deliciosos mariscos da gastronomía galega”.
A provincia de Pontevedra competía nesta categoría con Cabo de Gata (Almería), a Costa Daurada (Tarragona), Gran Canaria e a Costa Occidental de Cantabria.
Tamén en vigoalminuto
- El Gobierno local sólo ha ejecutado un 1,5% del presupuesto para infraestructuras
- ¿Buscas trabajo? aquí tienes algunas ofertas de empleo para Vigo
- Vigo dice adiós a Ángel Cameselle
- Muere el Papa Francisco
- Abre una nueva cafetería en Vialia, en el espacio de Bouzas WorkSpace
- Aberto o prazo de inscrición para os cursos gratuítos de condución segura de motos
61 bandeiras azuis
O premio ás Rías Baixas como mellor destino de praia amosa que o turismo de sol segue a ser un dos
motivos que convidan a visitar a provincia. A peculiaridade do litoral da provincia de Pontevedra fai que a
súa costa se converta nun espello de norte a sur, con praias veciñas desde as que tamén se poden divisar as vilas mariñeiras ou as bateas. Cómpre lembrar, ademais, que a provincia de Pontevedra é a segunda que conta con máis distintivos de bandeira azul de toda España, con 61 distintivos en 2024, unicamente detrás de Alacante.