A Deputación de Pontevedra lanza a segunda edición do programa Lecer en Familia que volverá posibilitar estadías en establecementos hostaleiros da provincia para reforzar os lazos familiares pasando tempo de calidade. A institución provincial ofertará preto de 3.000 prazas para estas saídas que terán lugar no último trimestre do ano ou no primeiro trimestre de 2026.
Inscrición
O orzamento total para este programa é de 280.000€, dos que a Deputación achega 180.000. As bases xa están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e o prazo de inscrición comezará o próximo 2 de maio, permanecendo aberto ata o venres 16.
Poderanse beneficiar de Lecer en familia as unidades familiares con menores ao seu cargo que teñan
residencia na provincia de Pontevedra. A Deputación ofertará estancias dunha noite de venres ou sábado; períodos non lectivos ou vésperas de festivos en hoteis da provincia de Pontevedra que, como mínimo, sexa de 3 estrelas: establecementos hoteleiros de tipo balneario, talaso ou spa, e hoteis de zonas urbanas ou rurais, en réxime de media pensión.
Tamén en vigoalminuto
- O PP de Redondela disposto a aprobar os orzamentos, si dimite a alcaldesa e hai un novo pleno de investiduraNa actualidade o Grupo Popular conta con 10 concelleiros por 8 do Goberno Municipal
- Marlaska no dimite, pese a que el Gobierno rescinde el contrato de compra de armas de Interior a una empresa israelíDesde Presidencia se ha cancelado el permiso de importación “por razones de interés general”
- Once detenidos en varias ciudades, entre ellas Vigo por difundir imágenes íntimas de mujeresA través de canales de mensajería instantánea
- Fin de semana soleado… por finAunque las temperaturas seguirán siendo bajas para esta época del año
- Chega a segunda edición do programa ‘Lecer en Familia’, con preto de 3.000 prazasConsulta as bases e datas de inscrición
- Continúa a programación de San Telmo, en TuiCon música, tatro e o inicio da xira de G-Face
Prazas subvencionadas
Das case 3.000 prazas ofertadas 50 serán en réxime especial, subvencionadas ao 100% con preto de 100€, e as outras 2.900 de réxime xeral estarán subvencionadas do seguinte xeito: 60€ para maiores de 12 anos,
30 € para cativos de 3 a 12 anos e ao 100% para os menores de 3 anos.
Ademais, cada establecemento hoteleiro participante en Lecer en familia levará parellas unha serie de actividades complementarias que poderán realizar as familias, así como un concurso de fotografía no que o premio será unha estancia gratuíta nalgún dos aloxamentos participantes. O ano pasado participaron preto de mil familias, 2.956 persoas de 52 concellos da provincia.
O obxectivo deste programa é promover o tempo de calidade en familia, apoiar a convivencia e fomentar o seu benestar físico e mental, así como proporcionar unha opción de lecer que contribúa a mellorar de forma global a súa calidade de vida.