O Tribunal Supremo confirmou a condena imposta pola Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), por vulnerar dereitos laborais de médicos de Atención Primaria e pediatras.
Exactamente o alto tribunal desestimou os recursos de casación interpostos contra a sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Galicia de novembro de 2022 que, como informó daquela vigoalminuto, resolvía a demanda presentada este verán polo sindicato de médicos O’Mega denunciando que o SERGAS imcumpría a normativa da propia Xunta, facendo que pediatras e médicos de Atención Primaria tivesen que atender, diariamente, a 70 enfermos, o dobre do establecido pola normativa autonómica.
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza estimaba-literalmente- que o SERGAS “incumpre coas súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais, de valoración da carga de traballo do colectivo médico e de avaliación dos riscos do seu posto de traballo”. En base a esta consideración, condenou a este organismo e á Xunta de Galicia a “afectar de forma inmediata a preceptiva avaliación de riscos laborais, incluíndo específica e concretamente a valoración psicosocial dos postos de traballo dos médicos de Atención Primaria e dos pediatras”.
Outras novas
- Los mejores jugadores de béisbol de Vigo de los últmos 40 años, este sábado en el ‘Old Star Game’A las 11:00h. en el Campo del Colegio Marcote, en Cabral
- Povisa incorpora un nuevo retinógrafo de última generaciónObtiene imágenes con un elevado nivel de detalle que permite detectar enfermedades antes de que se presenten síntomas
- Detenido un hombre de 90 años, por matar a su mujer, de 86Esta mañana en Laviana, Asturias
- El empleo bate récords en junio y nos acercamos a los 22 millones de ocupadosEl paro muestra su mejor dato en 17 años
- Si quieres trabajar en Vigo, estas ofertas de empleo pueden interesartePublicadas las últimas horas
- Coge aire hoy, los próximos días volveremos a estar a 34 gradosLa situación cambiará de nuevo a partir del fin de semana
Incumprimeto “xeneralizado” da normativa preventiva
Aínda maís, o TSXG reflictía na súa sentenza un informe da Inspección de Traballo no que “se constata un incumprimento xeneralizado da normativa preventiva vixente en relación coa realización das avaliacións dos riscos psicosociais” pola elevada carga de traballo que teñen que soportar os facultativos.
Por último, a sentenza- que xa é firme- subliñaba que os feitos estaban determinados pola pandemia e o risco que a mesmaimplicaba para os traballadores.