O Tribunal Supremo confirmou a condena imposta pola Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), por vulnerar dereitos laborais de médicos de Atención Primaria e pediatras.
Exactamente o alto tribunal desestimou os recursos de casación interpostos contra a sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Galicia de novembro de 2022 que, como informó daquela vigoalminuto, resolvía a demanda presentada este verán polo sindicato de médicos O’Mega denunciando que o SERGAS imcumpría a normativa da propia Xunta, facendo que pediatras e médicos de Atención Primaria tivesen que atender, diariamente, a 70 enfermos, o dobre do establecido pola normativa autonómica.
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza estimaba-literalmente- que o SERGAS “incumpre coas súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais, de valoración da carga de traballo do colectivo médico e de avaliación dos riscos do seu posto de traballo”. En base a esta consideración, condenou a este organismo e á Xunta de Galicia a “afectar de forma inmediata a preceptiva avaliación de riscos laborais, incluíndo específica e concretamente a valoración psicosocial dos postos de traballo dos médicos de Atención Primaria e dos pediatras”.
Outras novas
- Seis dotaciones de Bomberos tratan de sofocar el incendio de un garaje, en Vigo (Imágenes)El fuego podría haberse originado en una moto
- Caballero anuncia por novena vez las rampas de Gran Vía y vuelve a situar las obras en 2027El tramo entre los cruces de las calles Gerona y Tarragona
- A vacina da gripe chega ás aulas: 4.237 escolares da área de Vigo recibirán a dose nasal sen picadaA segunda edición do programa piloto esténdese a 11 centros educativos da contorna
- Petardos y amenazas contra los acampados por la vivienda: cuatro ataques en pocos díasEl subdelegado del Gobierno advierte: «si la Policía Nacional identifica a los responsables, ha asegurado, se actuará sin titubeos»
- Detenidos dos hombres por falsas amenazas de bomba contra dos aeropuertosCon datos personales ajenos, llamadas por internet y una voz distorsionada con inteligencia artificial
- O PSdeG denuncia a Rueda por facer balance da súa xestión da vivenda en período electoralOs socialistas piden á Xunta Electoral que investigue a visita ás promocións de Navia e a súa difusión na web oficial da Xunta
Incumprimeto «xeneralizado» da normativa preventiva
Aínda maís, o TSXG reflictía na súa sentenza un informe da Inspección de Traballo no que “se constata un incumprimento xeneralizado da normativa preventiva vixente en relación coa realización das avaliacións dos riscos psicosociais” pola elevada carga de traballo que teñen que soportar os facultativos.
Por último, a sentenza- que xa é firme- subliñaba que os feitos estaban determinados pola pandemia e o risco que a mesmaimplicaba para os traballadores.






