Destacados Vigo al minuto

Traballo digno e ‘Non á guerra’, lemas das manifestacións en Vigo do 1º de Maio

Estas son os lugares e saídas das mobilizacións na cidade

Traballo digno e 'Non á guerra', lemas das manifestacións en Vigo do 1º de Maio

A Central Unitaria de Traballadoras convoca mobilizacións no Día da Clase Traballadora en Compostela, Vigo e A Coruña baixo o lema “Traballo digno. Non á guerra imperialista da UE e a OTAN”.

En Vigo a manifestación partirá as 11:00h. da praza Fernando Católico– na Coruña ás 12:30 h da
Praza de Pontevedra; en Compostela terá lugar unha concentración ás 12:30 h na Praza 8 de marzo-.

Dende a CUT fan un chamamento conxunto a toda a clase traballadora a saír ás rúas neste 1 de maio “dicindo, alto e claro, que a escalada bélica proposta pola OTAN dos EEUU e a UE obedece ás ansias do capital de seguir acumulando riquezas; nada ten que ver con supostos valores democráticos ou a conquista de dereitos e liberdades, todo o contrario”.

Os responsábeis da CUT subliñan que “a clase traballadora debe ter no seu horizonte un rotundo NON Á GUERRA IMPERIALISTA, porque ao berralo alto e claro estamos a defender non só a paz, senón tamén o traballo digno, os servizos públicos dignos, o dereito á vivenda, a liberdade, a xustiza e a democracia“.


Outras novas


UGT e Comisións Obreiras

Pola súa banda, UGT y Comisións Obreiras (CCOO) sairán conxuntamente dende Vía Norte ás 11:30h., completando as mobilizacións anteriores para acadar a xornada laboral de 37,5 horas semanais e reclamar subidas salariais.

Como no caso da CUT, reivindicarán a paz, o fin do xenocidio en Gaza e o remate da ocupación rusa de Ucraína.

CIG

A manifestación convocada pola CIG partirá ás 12:00 horas dende A Doblada baixo o lema “Traballo, dereitos e soberanía. Galiza contra as guerras”. El sindicato nacionalista critica que as políticas da Xunta “provocan pobreza e desigualdade, desmantelando servizos públicos e pensións e agravando a desertización industrial e social de comarcas enteiras”.


Te podría interesar