As temperaturas baixarán en Galicia dende esta fin de semana e durante a Semana Santa situaranse en valores normais para a época, con máximas de 15 a 20 graos. Según MeteoGalicia, esta fin de semana esperan nubes de tormenta, pero non se prevén chuvias, aínda que poderían caer algunhas pouco significativas .
Deste modo, a próxima semana tamén se manterá o descenso das temperaturas en Galicia, onde se rexistrarán os valores normais para esta época do ano, con sensación de fresco. Así, entre o luns e o martes de Semana Santa quedarán restos de nubes de tormenta e non se descarta algún chuvasco, pero de escasa consideración, xa que Galicia seguirá baixo a influencia do anticiclón ao longo de todo o período festivo.
MeteoGalicia insiste en que non se vai cambio de tendencia e o tempo seguirá sendo seco, xa que as chuvias que poden rexistrarse polas nubes de tormenta nos próximos días, deixarán pouca cantidade de auga.