Comarcas

A ruta de sendeirismo da Festa do Requeixo e o Mel de As Neves achegouse hasta varias colmeas do Condado

Decenas de persoas participaron este xoves, na tradicional ruta de sendeirismo que xa é unha das actividades senlleiras da Festa do Requeixo e do Mel de As Neves, que este Venres Santo terá o seu punto forte no ‘sol do Condado’. Os participante tiveron a oportunidade de  iniciarase no orixe do mel, acompañados por un  apicultor, José Manuel Alonso, quen fixo unha exposición sobre a vida das abellas, falou sobre a apicultura, unha actividade, que coma salientaron os participantes no debate Cooperativismo e Emprego no Entorno Rural, celebrado o martes, está abrindo unha nova fonte de negocio e de creación de postos de traballo no concello.

Os caminantes tiveron, ademáis a posibilidade de visitar unha colmea, actividade que non é a primeira vez que se realiza en As Neves; o pasado 11 de agosto, dentro das actividades do Programa de Lecer, impulsado pola Concellería de Benestar e diseñado pola tenente de alcalde, María del Carmen Gil, unha veintena de rapaces achegáronse disfrutaron da mesma oportunidade e, como neste caso, da man dun especialista.

Hoxe, os camiñantes, coñeceron de primeira man que comarca do Condado-Paradanta, e en especial As Neves, sempre tivo unha forte tradizón apícola,”especialmente pola súa flora característica, segundo sinalaron os responsables dos panais que os recibiron, quenes amosaron coma se tratan ás abellas, coma se obtén o mel e que propiedades ten.

 

También te puede interesar