“En nome da familia de Alejandra queremos que saibades da nosa dor tremenda pola morte desta rapaza de 17 anos en circunstancias tan pouco habituais.
Estamos á espera de que os corpos de seguridade nos informen dos resultados da investigación e agradecemos todo o seu traballo eficaz.
Queremos agradecer tamén a todas as persoas que dun ou doutro xeito se mobilizaron para buscar a Alejandra, a toda a xente nova, en especial ós seus compañeiros e compañeiras do instituto, e ós veciños e veciñas do concello que se achegaron e axudaron a organizar a búsqueda. Igualmente a Protección Civil e Policía Local de Redondela.
Agradecemos tamén aos medios de comunicación a súa colaboración para espallar a noticia da súa desaparición, e pedímosvos que vos fagades cargo da situación e respectedes a dor da familia.
Por último avisar que a concentración que había convocada para hoxe ás 18.00 horas queda anulada ata ter mais información”.