A Confederación Intersindical Galega (CIG) reclámalle ao presidente do Goberno galego que” deixe de intoxicar á opinión pública” ao asegurar que o naval galego vai poder acceder a novos contratos en México, e o seu secretario nacional do Naval da central nacionalista, César Rodríguez, lembra neste senso que non é posíbel acceder a novas contratacións até que os estaleiros non conten cun novo sistema de bonificación que substitúa ao tax lease.
Ademáis, salienta, o comisario europeo da Competencia “recoñeceu, en resposta a unha pregunta da deputada europea do BNG, que aínda non existe unha proposta de tax lease por parte do Estado español” e que a Xunta respondeu negativamente a unha pregunta feita no Parlamento sobre a consecución de avais para Pymar que permitisen obter financiamento para a construción naval.
Por último, Rodríguez demanda aos responsábeis autonómicos que “deixen de mentir e enmarcan este tipo de declaracións nun intento por desmobilizar ao sector”.