Comarcas

O BNG fala da ‘estafa’ das preferentes, este domingo en As Neves

Como ven facendo dende hai varias semanas, o Bloque Nacionalista Galego explicará aos afectados pola compra de Participacións Preferentes, a consecuencia de facer esas inversións e de meter os aforros en algún dos coñecidos coma productos tóxicos’ bancarios. Se hai unha semán a xuntanza levouse a cabo na Casa de Cultura de Gondomar, este domingo, día 29, será no Auditorio Vázquez Portomeñe de As Neves (12 h.).

Na reunión estará presente  o deputado do BNG no Parlamento galego Henrique Viéitez quen noutras ocasións, ademáis de adiantar as iniciativas desenroladas polos nacionalistas, asegurou que máis de 100.000 galegos víronse privados dos seus aforros ao confiar en entidades bancarias, entre as que salientou a Novagalicia Banco, que ocultando a realidade destas imposicións, coma que non son recuperables ate o ano 9999, que poden non dar intereses se a entidade financieira non ten ganancias, e que para poder recuperarse necesitan tramitar un préstamos polas mesmas, “roubou” máis de 900 millóns de euros.

O parlamentario, que estará acompañado por concelleiros do BNG no Concello de As Neves, responsables comarcais do partido e varios clientes afectados por estes investimentos, exporá o xeito de acometer este problema, que, segundo reiterou, “pode resolverse se hai vontade política, da Xunta e o seu presidente. O deputado nacionalista sostén que o que calificou de “estafa monumental” produciuse ao abeiro da neglixencia das autoridades públicas que visan o sector financiero, empezando polo Banco de España, e seguindo polos propios directivos das caixas e bancos que, ademáis, néganse a dialogar cos milleiros de familias galegas ás que roubaron.

 

También te puede interesar