O Concello donará dous camións de bombeiros de 5.000 litros de capacidade a Nicaragua, froito do acordo acadado co embaixador, Augusto Zamora.
Tras o seu encontro co embaixador, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou que os dous vehículos están en “perfecto estado de uso” e cesarán a súa actividade en Vigo en febreiro de 2010, data na que serán cedidos a Nicaragua e na que incorporaranse dous novos e modernos camións ao servizo municipal de bombeiros.
Segundo transmitiu o alcalde, o embaixador destacou que as dotacións que recibirán desde o Concello de Vigo están “por enriba” do material que empregan actualmente na extinción de lumes.