Galicia

64 feridos nas estradas galegas o pasado fin de semana

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana un total de 64 persoas debido a 46 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas dende as 15:00 horas do venres, 4 de maio, ata as 23:59 horas do domingo, 6 de maio. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o domingo con 19 accidentes.

O 061 recibiu nestes días 60 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 46 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 64 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 55 e 45% respectivamente, mentras que, por idades, un 32% dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos. Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 17 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 66. Así, o helicóptero medicalizado asistiu a un accidente, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 56 accidentes, as ambulancias concertadas trasladaron en unha ocasión e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en catro sinistros.

En 57 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e outros sete feridos foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar