O presidente da Xunta responsabilizou este mércores ao comisario europeo da Competencia, Joaquín almunia, de bloquear a solución para o naval galego, que ainda segue pendente dun sistema alternativo ao ‘tax´lease’, e de perxudicar aos milleiros de galegos afectados polas inversións de Participacións Preferentes.
En resposta a unha pregunta da oposición, Feijóo instou ao secretario xeral dos socialistas galegos a que, “sen sair da sede do PSOE pida ao alcalde de Vigo que deixe de bloquear o novo hospital e a Almunia que faga o mesmo coa solución para 14.0000 familias que viven do Naval e as 70.000 afectadas polas preferentes de Novagalicia Banco”.
O presidente amosou unha carta remitida polo comisario europeo, con data 20 de abril, na que Almunia, en referencia ás Preferentes subliña que “coa finalidade de minimizar o desembolso de cartos públicos, o plan de restructuración debe evitar o uso de axudas do Estado en beneficio dos inversores”, o comisario engade que “esto é necesario para asegurar os costes de restructuración da institución financieira no só os soporten os cidadáns, senon tamén os accionistas e titulares de Participacións Preferentes”.