+barato

Axudas de 200€ para obter o carné de conducir para parados entre 18 e 30 anos

Dende vigolowcost informan que a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha condución segura e responsable, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir, desta forma recibirás unha subvención de 200€ para a obtención do carnet a cambio de realizar un curso de educación viaria.

Requisitos:

  • Ter entre 18 e 30 anos
  • Residir en Galicia
  • Ser titular do Carné Xove
  • Estar en situación de desemprego
  • Mínimo 6 meses de desemprego no momento de presentar a solicitude
  • Que a túa unidade familiar non teña ingresos superiores a 2,5 veces o IPREM. (información sobre o IPREM)

Para acceder á axuda, deberás obter o carné de conducir entre o 1 de xaneiro e antes do 15 de outubro de 2012 e, ademais, superar con éxito un curso gratuíto de educación viaria. Así que se xa o sacaches este ano pero cumples o resto de requisitos podes solicitar esta axuda, se te falta pouco para chegar aos 6 meses como parado podes agardar e solicitalo cando os alcances. As axudas serán concedidas a todos os que entren nos requisitos esixidos, seguindo a orde de presentación de solicitudes ata esgotar o crédito dispoñible.

O prazo de solicitude iniciarase a partir do 15 de maio de 2012 e estará aberto ata o día 1 de setembro de 2012, salvo que antes se esgote o crédito dispoñible. O curso de educación viaria aínda non ten data.

Información:

  • Impreso de solicitude da axuda aquí
  • Orde do DOG co anuncio da axuda aquí

Para outras propostas o para coñecer que é vigolowcost pincha aquí.

También te puede interesar