Iso asegurou este luns o deputado nacionalista logo de participar nos ‘Almorzos off/on’ do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Jorquera salientou que, dende que chegou á Xunta, hai máis de tres anos, Feijóo duplicou a débeda pública de Galicia, “ao pasar de 3.200 a 7.700 millóns de euros”.
Na opinión do deputado, “ o PP trata de substituír a realidade por propaganda” e , afirmou que “mentras Feijóo profetiza que a recuperación económica empezaría en Galicia, a realidade é que a economía galega decrece, dende que é presidente, o dobre que a media estatal”, afirmou.
Polo que se refire ao eido financieiro, o deputado do Bloque indicou que, tras a aprobación da segunda reforma “vexo cada vez máis negro que os xestores de Novagalicia Banco poidan desenvolver o seu proxecto”, e amosou o seu convencimento de que “o escenario está prefixado para que se opte por unha poxa onde o futuro de Novagalicia Banco sexa adquirido a prezo de saldo por un banco foráneo”.
A preguntas de xornalistas, Jorquera sinalou que a convención nacionalista celebrada o pasado domingo en Santiago de Compostela serviu para marcar “unha nova etapa” do partido e que está “máis forte e unido” para ser “a forza política do cambio”.
Sobre o posible adianto de eleccións, o tamén candidato á Presidencia da Xunta, precisou que o BNG está preparado para que as eleccións “se celebren cando se celebren” e comentou ao , respecto a unha reedición do acordó de gobernó co PSdeG , que “as relacións entre os dous partidos son, fluidas e de respecto mutuo”.