Dende o vigolowcost informan que o Museo Quiñones de León e a Pinacoteca organizan actividades lúdicas os días 18,19 e 20 de maio co motivo do Día Internacional dos Museos, que este ano se conmemora baixo o lema “Museos nun mundo cambiante: novos retos, novas inspiracións” O Museo Quiñones de León abrirá as súas portas de forma continuada e contará con visitas dramatizadas e un concerto de folk e a Pinacoteca cunha actividade de misterio para familias.
Vouche contar unha historia… Dª Inés de Mandamoito, dama viguesa do século XVIII; e Dª Filiberta Mandamáis, a “dama das conservas” do XIX, levarán aos seus convidados e convidadas polo Pazo de Castrelos, achegándoos á historia da máis famosa residencia pacega do Concello.
- Venres 18 ás 10, 11 e 12.
- Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento (60 persoas por grupo)
- Terán preferencia as persoas ou grupos que fagan a súa reserva previa.
- Reserva por teléfono: 986 29 50 70 // 986 29 50 75 ou por fax: 986 23 93 72, ata o mércores 16 de maio, 20:00
- Reserva por correo electrónico: [email protected] ata o venres 18 de maio, 8:00
Lectura do bando do Día Internacional dos Museos a cargo do alcalde no decurso dunha recepción.
- Venres 18 ás 11:00
Concerto nocturno a cargo do grupo de música folk “Riobó”, protagonizado pola súa solista, a violinista Begoña Riobó. O concerto desenvolverase no xardín principal do Pazo ou ben no seu interior, segundo as condicións climatolóxicas.
- Venres 18 ás 23.00 horas
- Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento (100 persoas)
- Coñece a Riobó en begoriobo.com
“Misterio na Pinacoteca” na Pinacoteca municipal “Francisco Fernández del Riego” a actividade familiar na que se resolverá un misterio nas dependencias da pinacoteca. Nenos e nenas, coas súas familias, recibirán as pistas necesarias para descifrar o enigma. Ademáis haberá unha recompensa para os mellores.
- Sábado, 19 de maio, ás 12.00 e ás 13.00 horas
- Domingo, 20 de maio, ás 12.00 e ás 13.00 horas
- Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento (30 persoas por grupo)
Museo Quiñones de León: museodevigo.org/informacion_gal.php
Pinacoteca municipal: museodevigo.org/pinacoteca_gal.php
Para outras propostas o para coñecer que é vigolowcost pincha aquí.