Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másMéndez Ferrín “Paz Andrade púxose en corpo e alma ao servizo do pobo galego”
Vigo foi a cidade escollida pola Real Academia Galega (RAG) para lembrar a galeguista Valentín Paz Andrade ao que se adica o ‘Día das Letas Galegas’. Nunha sesión plenaria, aberta ao público, á que asistiu o presidente da Xunta, o presidente da Academia, Xosé Luis Méndez Ferrín, salientou a “vontade metálica” de Paz Andrade, a súa intelixencia e capacidade analítica e asegurou que “púxose en corpo e alma ao servizo do pobo galego”.
Diversos persoeiros falaron do legado que deixou o homenaxeado, entre elos Xavier Vence, quen o calificou de “empresario ilustrado e intelectual emprendedor e patriota”; pola súa banda, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, destacou a súa aposta por “colocar a Galicia no mundo”, o seu afán por la internalización e “a súa concepción da política coma unha ferramenta para construir o futuro”.
Xosé Ramón Barreiro, quen fora presidente da RAG, fixo un repaso pola contribución de Paz Andrade na antropoloxía e o profesor Alonso Montero falou na feceta de “poeta no seu exilio na Serra de Queixa”. Para rematar, Manuel Rivas, analizou a actividade periodística e de “defensa da liberdade de expresión” do galeguista e lembrou que por ela “foi encarcelado en dúas ocasións, a primeira en 1924”.