Vigo al minuto

A plantilla de Barreras faise oír na inauguración de Navalia


Uns 30 traballadores de Barreras protestaron este xoves diante das portas de IFEVI durante o acto de inauguración de Navalia, ao que asistiron o presidente da Xunta e o conselleiro de Industria, ademáis do alcalde e outras autoridades. Nunha pancarta na que podía leerse “Polo futuro industrial de Vigo, defendamos o Naval’, os traballadores, rodeados por membros da Policía Autonómica, corearon gritos a prol do sector, á entrada e saída do recinto de Feijóo e de Abel Caballero, ao tempo que expresaron a súa preocupación tras coñecerse a nova de que o asteleiro non fabricará os dous atuneiros de Albacora. “Estamos preto da liquidación total, mentras nen a Xunta nen o Goberno fan nada para evitarlo e levamos así máis dun ano”, declararon, ao tempo que amosáronse reticentes sobre os anuncios de novas cargas de traballo, coma a que pode derivarse das negociacións con Silveira, feitos polo presidente de Barreras.

PEMEX: todo está en estudo

E non levaban falla de razón á vista das declaración do responsable de Proxectos de PEMEX, quen hoxe estaba en Navalia e que, a preguntas don xornalistas, asegurou que os proxectos que ten na actualidade a petroleira mexicana “están en estudo”. Eduardo Padilla, quen foi o centro de atención da prensa, logo de que a Xunta anunciase contactos con PEMEX para a construcción de varios buques para a firma mexicana en asteleiros da Ría, coma Barreras, foi craro,  “todos os proxectos que temos están en fases de estudio e, sendo honestos, a campaña electoral en México impídenos dar calquera información  sobre os mesmos”.

Vulcano agarda por encargos de Chipre e Finlandia

Por outra banda, os responsables de Vulcano esperan coñecer a semán que ven se lle será adxudicada ao asteleiro a conclusión da construción de tres buques iniciados en Sevilla: dúas embarcacións supply para unha armadora de Chipre e un ferry para unha armadora finlandesa.

O director xeral da empresa, José Luis Méndez, explicou que actualmente puxan por estes encargos o estaleiro vigués, Astander e La Naval, ainda que amosouse optimista sobre as posibilidades de Vulcano, iso sí, dentro das “lóxicas reservas” que hai que ter nestye tema. Méndez explicou que, de ser adxudicadas á súa firma, habería que esperar a que remate a primeira fase da construcción dos buques en Sevilla .

Non se amosou tan seguro no que se refire ás posibilidades de obter encargos da armadora norueguesa Rieber, xa que as negociacións están paralizadas, ainda que, ao seu xuizo, de porse en marcha un nono ‘tax-lease’ “a operación podería estar para antes de final de ano”.

 

También te puede interesar