Galicia

Os alemáns deixarán a cervexa polo ribeiro

é o obxectivo fundamental da misión empresarial inversa organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) a través do seu centro de promoción de negocios (CPN) en Düsseldorf, e que traerá a Ourense a oito importadores e expertos alemáns deste sector.

O viño de Ribeiro é mellor tomalo en copa que en cunca.
O viño de Ribeiro é mellor tomalo en copa que en cunca.

Abrir en Alemaña novos mercados para os viños amparados pola Denominación de Orixe do Ribeiro

Os empresarios importadores e xornalistas especializados que participan nesta misión organizada contando coa colaboración do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro visitarán o próximo luns, día 14, as adegas Docampo, Campante, Pazo do Mar e Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro. O martes, día 15, a visitas e catas terán como obxectivo as adegas Viña Mein, San Clodio, Coto de Gomariz e Casal de Armán.

Esta misión empresarial inversa dá continuidade a outras accións promocionais protagonizadas en datas recentes polas adegas agora visitadas. Así, os pasados días 26 e 27 de outubro desenvolvéronse presentacións e catas destes viños do Ribeiro nas cidades alemás de Colonia e Hamburgo, que contaron tamén nesa ocasión coa asistencia e o apoio do CPN do Igape.

Como continuidade a esta misión de empresarios e especialistas alemáns, e para apuntalar o coñecemento e a penetración dos seus viños en Alemaña, as adegas do Ribeiro prevén estar presentes na feira ProWein, que se desenvolverá do 21 ao 23 de marzo próximo en Düsseldorf. Esta feira é unha das máis importantes do mundo no sector do viño, e pode abrir mercados en países de toda Europa occidental.

Con anterioridade a esa feira internacional, os días 1 e 2 de marzo de 2010, o CPN do Igape en Alemaña colaborará tamén cos adegueiros galegos na organización de dúas novas presentacións e catas que se desenvolverán en Berlín e Wiesbaden, onde arredor de un cento de expertos e profesionais terán oportunidade de catar os viños do Ribeiro.

Facilitar información e asistencia en destino aos empresarios galegos que desexan internacionalizar os seus produtos é unha das funcións que desenvolven os centros de promoción de negocios que o Igape ten en Xapón, China, Estados Unidos, Alemaña e Polonia.

También te puede interesar