Cultura Vigo al minuto

Tócaa outra vez, Cans

Aínda non está confirmada a chegada de Angelina nen a de a de Clint, pero sí que no Festival de Cans, que arranca este mércores e que celebrase ate o vindeiro sábado, compiten un total de 18 curtas, 12 de ficción e 6 de animación.  Isabel Coixet, Antón Reixa, Sandra, Sánchez e Ángel de la Cruz serán os directores invitados este ano, os que participarán nos encontros co público denominados ‘Coloquios na lareira e arredores’. Ademais, serán homenaxeados cunha estrela no ‘Torreiro’ de Cans figuras do mundo audiovisual como a mesma Coixet, pero tamén Morris, Chete Lera, Celso Bugallo e Mabel Rivera.

Entre as novidades do festival, a Asociación Arela, organizadora do mesmo,  subliñan a entrada en competición ou proxección de curtas documentais, cinema mudo e web series. A elas engadirase a sección ‘Galegos no espazo exterior’, destinada a dar a coñecer o traballo de profesionais da comunidade que traballan fóra e  o ‘Jalpón Friki’, que pretende “ampliar os horizontes do espectador”.

Este ano, estrearase a última longametraxe de Héctor Carré, ‘Persoal movie’, e secuencias inéditas das pezas ‘Tras as luces’ e ‘Engurras’. Así mesmo, adiantaranse imaxes de películas galegas que aínda están en rodaxe ou montaxe.

No que atingue ao apartado musical, inclúese a participación de Aerolíneas Federais, no marco da proxección de dous documentais sobre a movida dos 80, Xoel López, Banda Crebinsky e O Sonoro Maxín, que son parte das máis de 20 actuacións musicais e que complétanse co ‘Cans Voulevar’, que mistura concertos e mercados de artesanía na estrada

O director de Cans, definiu o festival coma “unha festa e unha reivindicación da creatividade galega”, ao tempo que busca que lle guste aos veciños, “pois tentamos que ofreza calidade para todos os públicos”, subliña Alfonso Pato.

Aínda de que o 90% das actividades serán gratuítas, para as de pago ponse á venda 800 entradas e, dende o pasado día 11, hai a posibilidade de mercar na web 250 packs de entrada máis camiseta, a un prezo de 16 € cada un; mentres que as 550 entradas restantes se poden adquirir dende hay unha semán, a 10 €m, no Local Social de Cans.

 

You may also like