Trátase dunha masa de aire que ven de África, que chegará este xoves a Galicia e que fará que as temperaturas alcancen este xoves aos 30 graos. Iso sí, é unha situación puntual e, ao remate do venres, o tempo volverá á normalidade desta época do ano. Segundo as previsións de Meteogalicia, esas temperaturas serán máis altas no interior de Lugo, A Coruña e Ourense, mentras que na costa estarán ao redor de 25º.
A contrapartida virá o sábado, cando o tempo sufra un cambio térmico semellante ao que vivimos a principio desta semán e recuperemos valores como os do luns e martes, con temperaturas máis preto dos 20 graos, en toda Galicia, e incluso, por baixo.