Vigo al minuto

“¡Acción!” en Cans

O baixo de Moncho, o Teatro Kodac de Cans, foi o escenario da inauguración oficial do famoso festival de cine que, este 2012, chega á súa novena edición. Pola alfombra bermella que levaba ata a unha platea ateigada, camiñaron os veciños desta aldea de O Porriño que cada ano levan o cine aos seus orixes, nos que ao apagarse as luces se encendían as sensaciones que ten que transmitir unha historia ben contada.

Antes de que Alfonso Pato, o home que tivo a idea de crear unha cita cinematográfica no que se reivindica esta imaxinación e identidade galega que xa se move polo mundo adiante, dese as grazas aos 350 veciños de Cans polo traballo deste ano, descubriuse o can de pedra no acto que deu comezo formal a varios días intensos.

“Son os veciños os que fan  o Festival de Cans e para os que empezamos con el”, dixo Pato, agradecendo, polo seu nome, ou alcume, o traballo de cada un deles, en especial os catro que forman parte do xurado, chegados de catro parroquias distintas,  e que amosáronse honrados de ter nas súas mans a decisión de sinalar aos ganadores do Chimpín.

Apenas houbo adelanto do que poderán ver as máis de 10.000 persoas que pasarán por Cans nos vindeiros días, pero sí unha reivindicación da cultura e do facer daqueles que souberon gardar a memoria dunha aldea que, a CNN non minte, xa compite coa famosa cidade de Cannes onde, seica, estos días tamén proxectan películas.

 

También te puede interesar