+barato

Actividades gratuitas no Festival de Cans

Os nosos compañeiros de vigolowcost convídannos ao Festival de Cans, que comezou onte. O festival de cine galego onde poderedes ver estreas de curtas, documentais, longametraxes, videoclips, etc. Ademáis das proxeccións, tedes outras actividades alternativas ao longo da parroquia: concertos, pasarrúas, desfiles de chimpíns, sendeirismo…

O mellor é que lle botedes un ollo ao programa e vexades o que vos interesa. Todo o que ven aí é de balde, salvo dúas cousas:

  • A sección oficial, onde se proxectan as curtas a concurso (sábado 26, 16:30h, entradas esgotadísimas)
  • O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira (sábado 26, sesións ás 21:00 e 22:00, 1 € por sesión).

Como poderedes ver no Programa, a meirande parte das actividades do festival son gratuitas e de acceso libre ata completar os aforos de cada recinto. Por exemplo:

  • Hoxe xoves no Porriño: á estrea da longametraxe Arrugas con final alternativo e o concurso de videoclips
  • Mañá venres ás proxeccións no baixo do Moncho, e as actividades e concertos no torreiro de Cans
  • O sábado pola mañá un roteiro a pé polo camiño de Atios, o coloquio con Isabel Coixet na leira de Alicia e a sesión vermú.
  • O sábado pola tarde-noite ao Jalpón Fri (antigo Jalpón Friki), a Sala Multiusos, o Cans Voulevar e os concertos.

Asimesmo, tampouco custa un peso pasear por Cans, gozar co ambiente do festival e pasalo ben.

CÓMO CHEGAR A CANS

Cans é unha parroquia de Porriño á que se accede principalmente a través da autovía A52 (a que vai ata Ourense), aínda que como Cans é pequeno e vai a estar petado, non é recomendable que levedes o coche ata alí -de feito, mañá e o sabado van a cortar o tráfico, co que directamente non poderedes acceder en coche. Dende a organización recomendan ir ata Porriño, aparcar alí e pillar un dos buses que van e veñen de Cans estes días e que o billete custa 1€ para todo o día (fagas as viaxes que fagas). Neste enlace á web do Festival veñen os lugares onde podedes deixar o coche e os horarios e as paradas dos buses.

Para outras propostas o para coñecer que é vigolowcost pincha aquí.

También te puede interesar