Galicia

Mar adentro

Ese é o camiño que van coller as centolas este mesmo venres, día 1 de xuño, cando comece a súa veda, que rematará o 4 de novembro. Esto supón que deixa de puxarse nas lonxas galegas por esta especie e tampouco se poderá atopar nos establecementos de venda aos consumidores, salvo que sexa conxelada ou foránea.

Esta veda é de aplicación ás augas competencia da Xunta para as embarcacións con artes menores que teñan porto base nesta comunidade, así como para aquelas que tendo porto base noutras comunidades dispoñen de permisos especiais de pesca para faenar en augas galegas.

Dende principios deste ano ata finais de maio en Galicia extraéronse unhas 75 toneladas desta especie, por un valor de máis de 935.000 €. As lonxas do Grove e A Coruña, con case 12 toneladas cada unha, foron as que máis descargas rexistraron de centola. O prezo medio que alcanzou foi de 12,8 €.

 

También te puede interesar