Así o creen varios historiadores e deste xeito o reivindicarán esta fin de semana en Combarro, cunha festa monográfica adicada ao descubridor de América, que podería ser orixinario desta vila. Esta será xa a terceira edición do Día de Colón, un evento que  pretende converter ao conxunto histórico de Combarro nunha vila do século XV.

Na presentación desta festa na sede do padroado de Turismo Rías Baixas o presidente da Asociación de comerciantes de Poio, adiantou que agarda que “este ano sexa o da consolidación definitiva deste evento no calendario de celebración do concello” e, por suposto, “seguir reivindicando a teoría de que Colón naceu en Poio”.

Un mercado artesanal con diferentes postos, música tradicional, ambientación de rúas e unha zona destinada aos nenos, para os que se instalará un castelo de xogos na Praza do Alcalde son algúns dos actos previstos no programa.

O sábado os actos comezarán ás 11.00 horas e prolongaranse ate a noite e o domingo tamén haberá actividades, un dos máis destacados a chegada en barco da época de Colón ao muelle de A Chousa, e as dúas obras musicais representadas polos veciños. Ademáis, haberá mostras de oficios antigos como cantería, ferraría, palilleiras, soprado de vidro, fabricantes de zocos, ourives, prateiros, artesáns do coiro e talle de madeira,  talleres de esgrima e de tiro con arco, exhibicións de cetraría, ou pasaruas.

 

También te puede interesar