Vigo al minuto

Protesta diante de Linorsa contra a persecución ás afiliad@s da CIG

Arredor dun cento de traballador@s e delegad@s sindicais da CIG concentráronse hoxe ás portas de Linorsa para denunciar os incumprimentos da empresa a persecución da dirección ás afiliad@da central. Dende o sindicato nacionalista lembran que a concesionaria dos colexios públicos de Vigo despediu unha delegada do comité e sancionou sen emprego e soldo a outras dúas.

A protesta desenvolveuse esta mañá ás portas da sede central de Linorsa, na estrada do Bao, en Coruxo, onde a CIG-Servizos despregou unha faixa esixindo a readmisión da traballadora despedida. Dende a central nacionalista explican que o motivo da protesta é dar unha resposta á persecución das afiliadas da CIG por parte da empresa.

Neste senso, lembran que a dirección despediu a unha delegada do comité de empresa e sancionou sen emprego e soldo a outras dúas.Unha delas con 60 e outra con 15 baixo a acusación e falta de limpeza no centro de traballo, cando non consta ningunha queixa dos directores/as dos centros”, explica a secretaria comarcal da federación de Servizos, Transi Fernández.

A central nacionalista xa deu conta de todo o sucedido á Inspección de Traballo e nos vindeiros días remitiranlle un informe con todos os incumprimentos ao Concello de Vigo para que revise unha concesión que leva nove anos se saír a concurso.

 

 

También te puede interesar