Os comezos da Banda de Música Popular de Rubiós datan do ano 1892, cando aínda As Neves era un barrio do Concello de Setados. Existía un pequeno coro na parroquia, e, vendo as facultades de algúns dos seus compoñentes, foi precisamente o creada polo crego Evaristo Senra. Habería que agardar preto de un século e logo de varios intentos, mentres os músicos seguían tocando en As Neves, no que a música é unha tradición vencellada á propia historia e o carácter dos veniños, para que, no ano 1983, sendo Alcalde do Concello de As Neves Oswaldo- Lino González Pereira, acórdase nun pleno da Corporación, axudar a resurxir de novo a Banda. Foi Eugenio Méndez, quen impartiu clases a antigos músicos e a un bo número de mozos e mozas, que serían a nova xeración do compoñente musical.
Despois de Méndez, fíxose cargo da Banda Ramón González, natural de Marín, e , baixo a súa batuta celébrase a presentación oficial da nova Banda de Música Popular de Rubiós no Concello de As Neves en 1987.
Nestos 25 anos, que conmemóranse este domingo (20 h. na Praza de As Neves), ríndese homenaxe, nun concerto ao que asistirá a Unión Musical de Valladares, a estes músicos que neste cuarto de século actuaron por toda a xeografía galega e portuguesa, participando en varias ocasións en diversos programas da TVG e de TVE en Galicia, destacando as actuacións realizadas en Lisboa, e en varias Convencións, tales como a de As Neves, A Golada e Castrelo de Cambados, as colaboracións, en concertos, coa Coral Sta. María de As Neves, destacando os de zarzuelas realizados en Marzo do 2000 nos auditorios “Vázquez Portomeñe”, do propio concello, e “Reveriano Soutullo” de Ponteareas”.
Por último, participou en tódalas edicións do Certame Provincial de Bandas Populares organizado pola Deputación de Pontevedra, acadando nos anos 2002. 2003 e 2005 terceiros premios na segunda categoría.