Galicia

A CIG ‘ocupa’ distintas oficinas de Bankia de Galicia

Peche na oficina de Bankia de Urzáiz, na cidade de Vigo

Delegad@s da CIG pecháronse este venres nas oficinas de Bankia de todas as cidades de Galicia para denunciar o “saqueo masivo e descarado” que se está a facer ás clases traballadoras, as inxentes axudas que recibiron e que van recibir as entidades bancarias e a impunidade de gobernos, banqueiros, promotores e especuladores.

Iníciase así unha nova campaña de mobilizacións coas que o sindicato nacionalista pretende informar e sensibilizar á poboación das desastrosas consecuencias que terá o anunciado rescate e chamar a participar na manifestación que ten convocada a central sindical para o día 1 de xullo.

As ‘ocupacións’, que se produciron en Compostela, Lugo, Vigo e Ourense, ao berro de “mans arriba, isto é un rescate”, transcorreron sen incidentes. No caso de Vigo o peche produciuse na oficina de Caja Madrid da rúa Urzáiz.

Coas ocupacións a CIG denuncia que os 100.000 millóns de euros, postos a disposición pola Unión Europea para sanear as contas das entidades financeiras españolas, demostran que era mentira o que dicían os gobernos do PSOE e do PP, de que o sistema financeiro español era un dos máis saneados do mundo.

Segundo o sindicatos, demostra tamén, que o grande problema da débeda do Estado Español é a débeda privada e non a débeda pública, como pretende facer crer o goberno do PP.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.