Este sábado, 23 de xuño, como todos os anos, as asociacións veciñais da cidade cumpren coa tradición da celebración do San Xoán e a chegada do verán. Festas que se fan polos barrios e parroquias a carón do lume ao son da música tradicional e degustando sardiñas, chourizos e viño nunha das celebracións con máis participación das celebracións populares.
O Movevigo da Federación Veciñal, da comezo a súa andaina este ano co San Xoán, dentro dos seus obxectivos está a difusión e promoción das actividades culturais realizadas polas asociacións veciñais e ten toda a información actualizada na web www.movevigo.org
Algunhas das actividades que se van realizar son:
Alcabre A.V. “Nosa Terra” fará a festa no Torreiro da Igresa Vella de Alcabre a partires das 19:00 hs. “Barafunda” de animación infantil, pandereteiras “Ghandainas” da A. V.V Nosa Terra de Alcabre, pandereteiras e gaiteiros “As Lagharteiras” e tamén os grupos : “Sehibas” de Alcabre, “Los contrarios” e “Banda Doida”. As 00:00 horas será o prendido da fogueira. Haberá unha gran sardiñada con pan de millo e chourizos asados, ao remate das actuacións e como final de festa haberá unha queimada.
San Andrés de Comesaña S.V.C.D.”NAUTILIUS” celébrao con sardiñas, pan e viño, as 12 da noite prenderanlle lume a fogueira, todo isto amenizado coa musica dos seus gaiteiros.
A.V. Casco Vello “Noite Meiga do Berbés” a partires das 22:00h na Praza do Berbés con música tradicional, peixe a grella, lume e auga.
A.V “Santa Mariña” de Cabral
A partires das 21 hs. No local social contará con boa música acompañada con sardiñas, pan e viño. Ademais ofrecerán unha mostra monográfica sobre as herbas de San Xoán.
Matamá A.V. A Unión no Torreiro da Festa terá actividades dende as 17:00 con recollida e exposición de herbas de San Xoán. Tamén contará coas actuacións musicais: Grupo folclórico Atlántida e escenario libre para quen queira participar. A partires das 22:00 Reparto de sardiñas, empanada e chourizos. Se vai montar unha pantalla xigante para poder ver o partido da selección Española e maila Francesa.
Castrelos Terán fogueira e comezarán a festa a partires das 22:00h na A.V. “Monte da Mina” de Castrelos.
Coruxo fará a festa No Torreiro de Festas do Carme a partires das 22:00 e haberá sardiñas, viño e música coa charanga “Vai de Balde” e “Escolas de Música tradicional do CRACC”.
Asociacion Veciñal San Xurxo de Saians Fai a celebración nos antigos terreos da Radio Costeira haberá sardiñas asadas e pan de millo (gratis para os socios/as). Contarán coa actuación do “Cuarteto Tradicional Andaina” que se encargará de amenizar a Festa.
A.V. “Emilio Crespo” de Navia Esta fin de semana, o barrio de Navia estará cheo de actividades. O sábado ás 21:30 organiza a festa de San Xoán cunha sardiñada nos xardíns do Centro Cultural. Haberá sardiñas, pan de millo e viño gratis para os/as socios/as, e con un prezo módico para tódolos/as que se acheguen. Tamén terán chourizos asados para os que así o prefiran. A media noite poderemos ir á gran fogueira que organizan, como tódolos anos, os/as veciños/as de Quintela.
Ademais en Navia entre o venres e o luns en honra do seu patrón “San Paio”, celebraranse as Festas Patronais na Alameda “Emilio Crespo”.
Zamáns A.V.C.R. “San Mamede” celébrao a partires das 21:30h, terán sardiñada coa actuación do grupo de “Cornetas de Beade” e ás 00:00h a tradicional fogueira.
A.V. A Miñoca Na praza da Miñoca celebrarano a partir das 19:00 hs. con música a cargo do Grupo de gaitas e bailes “A.F. Os Ventos” S. Andrés de Comesaña e posteriormente o conxunto de música “Os Pérez”, todo elo cunha chourizada e as 00:00 hs. cunha pequena fogueira.