Vigo al minuto

O BNG di que as modificacións de crédito do Concello son unha “chapuza”, pero as aprobará

Eso foi o que declarou este venres o voceiro do Grupo Municipal do BNG. Santiago Domínguez Olveira, para quen as dúas modificacións de crédito, de preto de 3 millóns de euros son “unha chapuza administrativa, adiantou que os tres concelleiros do Bloque votarán a favor delas no Pleno do vindeiro luns. O apoio a esta proposta, feita dúas semáns despois de ratificarse os orzamentos,  é necesario posto que eses casi 3 millóns servirán para pagar “facturas que o Concello ten que pagapendentes“. Domínguez salientou que, ademáis, estas modificacións non alteran os presupostos deste ano e que votar sería o mesmo que recoñecer que non se quere pagar o que se debe. “Estariamos a cometer unha irresponsabilidade ao propiciar que os vigueses tivesen que pagar máis por traballos xa realizados, ao ter que incluír xuros de mora”.

O ex tenente de alcalde, quen lembrou que non é a primeira vez que pasa isto,  engadiu que “non imos a poner en risco ás empresas que xa prestaron os seus servizos”, ao tempo que sinalou que os cartos pagarán débedasd tanto do anterior gobernó, formado por PSOE e BNG, coma do presidido pola popular Corina Porro, en concreto as obras do antiguo Rectorado de Areal ou a Urbanización de Barreiro.

Ao mesmo tempo que dan o seu voto as devanditas modificacións, os nacionalistas proporán ao Pleno a aprobación dun Plan Financieiro que estiman “necesario”, xa que o Concello non cumpriu en 20011 co obxectivo de estabilidade orzamentaria, logo de que non fose posible contabilizar os ingresos procedentes do Goberno e da Xunta, que “non chegaron á hora de contabilizalos como propios”.

Polo contrario, o Partido Popular, que xa calificara de “vergoñenta” a actitude do gobernó local facendo esta proposición pouco tempo despois de aprobar os presupostos, denunciou este venres que o Concello pagou  7.000 € a unha asesoría externa polo estudio económico financeiro municipal. Segundo o concelleiro Miguel Fidalgo, “trátase dun deses informes ad hoc no que os contratados reflicten o que se lles pide”, como, subliñou, amosa o feito de que “vén a constatar que soamente se deben realizar lixeiros retoques nos números do Concello“. Na súa  é algo increíble xa que “tamén sinala un desfase de 25 millóns e medio de euros nas contas do Concello en 2011″.

 

También te puede interesar