O secretario xeral do PSdeG asegurou este sábado en Lugo, durante unha visita a ‘Arde Lucus’ que as primarias dos socialistas para designar o seu candidato á Presidencia da Xunta, estarán convocadas o vindeiro 21 de xullo. “E ao día seguinte de finalizadas, todos os socialistas galegos estaremos traballando xuntos para dar unha alternativa a Galicia”, salientou Pachi Vázquez.
O líder do PSOE galego repetiu, en resposta aos xornalistas, que “tras este proceso democrático, poñeremos enriba da mesaun proxecto para este país” que, subliñou, se atopa “no seu peor escenario dende o inicio da era democrática”.
Eso sí, Vázquez non adiantou opinión sobre os posibles candidatos, incluido él mesmo. Entre os nomes dos que máis se fala coma posibles participantes nas primarias socialistas están o do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, recentemente nomeado secretario xeral do PSOE lucense, e o do ex ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, ademáis do propio Vázquez que parte cun hándicap con respecto a Besteiro e Caamaño: non contaría co apoio nin dos socialistas pontevedreses nin do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que é, xunto co presidente da Deputación de Lugo, o socialista co cargo máis representativo en Galicia.