Os nosos compañeiros de vigolowcost entéranse de todo e, neste caso contan que a Biblioteca municipal Neiras Vilas oferta unha programación especial para o periodo estival 2012, como obradoiros de pintura, astronomía ou de alfabetización dixital na procura de emprego a través de Internet. A biblioteca continuará durantes os meses de xullo a setembro coa programación permanente de “Os sabadiños do Roque” e “A volta ao mundo en 80 guías”.
O sabadiño do Roque
O monicreque Roque visita a biblioteca para compartir cos cativos as súas aventuras, contarnos historias de fantasías, ensinar cantigas e facer estupendos xogos. Sábados 7 de xullo, 11 de agosto, e 1 de setembro, de 12.00 a 13.15. Entrada libre ata completar aforamento. Ler máis