A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tui iniciaron xa as tarefas de mantemento dos campos de fútbol municipais de herba artificial. Ase, a empresa adxudicataria do contrato de mantemento realizou os traballos no terreo de xogo de herba artificial das instalacións municipais “Álvarez Durán” de Tui.
Os traballadores fixeron a limpeza do campo, pasaron o peite pola herba artificial, cepillándoa, descompactaron o caucho actual e encheron a superficie con novo caucho .
No día seguinte este persoal traballou no campo municipal de Ribadelouro, coa intención de deixar as instalacións municipais en perfectas condicións para o inicio da tempada no mes de agosto.
Para o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, estas intervencións testemuñan o traballo diario que realiza o Concello de Tui para que as numerosas instalacións municipais dedicadas ao deportes se atopen nas mellores condicións posibles para que deportistas e afeccionados poidan disfrulatas axeitadamente.