É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másA CIG denuncia que é víctima dunha “persecución sindical” por parte do goberno local de Ponteareas
A central infrema que a mesma esta a ser padecida polo máximo representante do sindicato e o Presidente do Comité de empresa do consistorio “polo desenvolvemento das súas funcións sindicais”
Os delegados da Central Intersindical Galega (CIG) no Concello de Ponteareas non asistirán este venres 18 de decembro ás convocatorias deste concello para unhas xuntanzas onde se tratará o Borrador da Relación de Postos de Traballo (RPT) e a consolidación de varios postos de traballo, en protesta pola presión abafante e persecución sindical.
A mesma afecta esta a ser padecida polo máximo representante da CIG no concello e o Presidente do Comité de Empresa, polo desenvolvemento das súas funcións sindicais e a defensa da xustiza social, o que afectará aos posibles acordos que se poidan realizar, xa que se non existe consenso coa CIG, malamente poderá chegarse a algún acordo e, evidentemente, nestas condicións non sentarán en ningunha mesa cos responsables destes actos.
Desde a CIG, tamén lamentan a falta de apoio dos outros sindicatos representados no concello