Galicia

Galicia, decrece

A natalidade en Galicia caeu un 1,61% en 2011: o ano pasado se produciron 21.691 nacementos na comunidade, mentres que as defuncións aumentaron un 2,85% respecto a 2010, ao producirse un total de 30.598, de acordo cos datos difundidos este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Con estes datos, Galicia sitúase como a segunda comunidade cunha taxa de natalidade máis baixa (de 7,94 por cada 1.000 habitantes), so por detrás de Asturias (7,3). A taxa de mortalidade compórtase a inversa e, tras a de Asturias (12,08 por cada 1.000 habitantes), a galega é a máis elevada (11,2).

Xa en 2011, as mortes superaron en 8.907 aos nacementos, de acordo cos resultados do INE, que tamén achegan información sobre matrimonios. A taxa bruta de nupcialidade situouse en 3,38 vodas por cada 1.000 habitantes, a sexta máis baixa do Estado: 9.242 parellas contraeron matrimonio en 2011 en Galicia, o que supón un descenso do 4,79% en relación a 2010. Un total de 3.754 destes enlaces foron polo rito católico, mentres que 5.399 foron exclusivamente civís e 25 por outra relixión.

 

También te puede interesar