O presidente da Xunta inicia este venres unha viaxe por América Latina no que visitará Arxentina, Uruguai, Brasil, Colombia e “probablemente Venezuela”, aínda que este último destino non está pechado . Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o seu obxectivo e ir en busca de “novas oportunidades Pemex, de afondar na internacionalización e, na medida do posible, estar coa comunidade galega no exterior”.
Feijóo, que delega durante a súa ausencia no conselleiro da Presidencia, que exercerá de presidente en funcións, defendeu que na súa xira ten a previsión de pasar “aproximadamente un día” en cada un dos países que visite e que concentran, segundo sinalou, o 65% do PIB de Latinoamérica, para atopar novos mercados e manter encontros con empresarios procedentes de Galicia afincados nestes países e tamén con emprendedores autóctonos que poidan realizar novos investimentos na comunidade.
“Imos intentar que a viaxe resulte produtivo”, indicou o xefe do executivo galego, quen subliñou que será a actividade económica o eixe do mesmo, o que permitirá centrar a axenda nos encontros empresariales e comerciales “para facilitar as exportacións de Galicia”.