Os carteiros do centro de Vigo regresarán este luns ao traballo despois de que o cadro de persoal aceptase, por 22 votos a favor e 17 en contra, a proposta de Correos. Rematan así 46 días de folga tras un acordó que a Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de calificar de “malo”, xa que, segundo subliña o sindicato nacionalista, non establece o tempo de permanencia das catro novas unidades de reparto que se crean na cidade, “o que pode supoñer que nuns meses a empresa queira reorganizar de novo o servizo e decide prescindir de máis persoal”.
Segundo a central, o único aspecto positivo do acordo é a redución do número de postos de traballo que Correos pretendía eliminar na zona centro de Vigo, que pasan de 13 a 9. “Polo demais, o documento asinado hoxe despois de que fose ratificado en asemblea polos empregados, coa oposición da CIG e da CGT, non fixa a duración das catro novas zonas de reparto que se crean na cidade, polo que nos tememos que nuns meses a empresa queira reorganizar o servizo e prescinda de máis postos”.