Quén será o candidato socialista que se enfronte a Feijóo pola Presidencia da Xunta?

Para coñecer a resposta  haberá que esperar, 22 días, ate o vindeiro 22 de agosto, se únicamente se presenta ás Primarias, que se abre oficialmente este sábado, o secretario xeral, Pachi Vázquez, ou 45 días, ate o 4 de setembro, se contenden máis candidatos, a hipótese máis probable.

Quenes poderían ser esos candidatos? A día de hoxe so hai un, Vázquez, que é o único que dixo, xa hai meses, que se presentaría, pero haberá outros. O que conta con máis simpatías dentro do partido é o lucense José Blanco, ex ministro de Fomento, que ten o respaldo do presidente da Deputación de Lugo e secretario provincial do partido, o alcalde da capital, Xosé López Orozco, o exalcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo e, moi previsiblemente, a de Abel Caballero quen, ademáis de Vigo, domina completamente a organización dos socialistas en Pontevedra e que é o cargo do partido máis crítico con Vázquez.

Ademáis de Blanco, podería decidir presentar a súa candidatura o secretario do PSdG de A Coruña, Francisco Caamaño. O ex ministro, sin embargo, tería un apoio moi limitado, xa que, fora de Coruña, poderían decantarse por él os socialistas composteláns, sempre que José Blanco decidise non presentarse.

Se o ex ministro de Fomento, que está a espera da resolución do Tribunal Supremo sobre a súa situación xudicial na Operación Campeón, non optase á ser designado candidato, quen tería o seu apoio e o do PSdG de Lugo, Santiago, Vigo e Pontevedra sería o presidente da Deputación de Lugo. José Ramón Gómez Besteiro é un político en alza dentro do PSOE: ademáis de ser o único socialista que preside unha deputación en Galicia, pode presentar unha máis que aceptable xestión ao fronte da mesma e, antes, coma concelleiro de Urbanismo da capital lucense, ten unha excelente relación cos nacionalistas, é novo, cumpriu 44 anos o pasado mes de novembro, é cercano á xente e, xunto con Abel Caballero, é o dirixente socialista que máis veces prantoulle cara a Feijóo, a última o mes pasado ao negarse a firmar o protocolo para unha ‘mellor xestión territorial’, proposto polo presidente da Xunta ás catro deputacións, e que tivo que modificarse cando Besteiro plantouse e esixiu que se contemplase cambios para garantir máis seguridades xurídicas. Aquel día, fixo esperar a Feijóo e aos seus colegas de Ourense, José Manuel Baltar, A Coruña, Diego Calvo, e Pontevedra, Rafael Louzán, ate que o documento incorporou os cambios que pedía.

 

You may also like