Deportes Vigo al minuto

Nerea Arambarri e Berta Rodríguez do Seis do Nadal, á ‘Operación Talento’

O Club Baloncesto Seis do Nadal estará presente, novamente, nas Seleccións de Formación da Federación Española de Baloncesto, auténticas protagonistas do verán a nivel nacional e internacional.

As xogadoras Nerea Arambarri e Berta Rodríguez, ambas integrantes do equipo Alevín Feminino “A” do club na pasada tempada e adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, foron seleccionadas polo Gabinete Técnico da Federación Española de Baloncesto para formar parte da Operación Talento FEB U12 Feminina.

A concentración da Operación Talento FEB U12 Feminina na que participarán as dúas xogadoras do clube vigués terá lugar do día 3 ao día 6 de agosto do 2012 en Guadalajara.

Segundo salientan os reponsables do Seis do Nadal-Coia, “esta convocatoria reforza o traballo que estamos a realizar nos equipos de tódalas Escolas Deportivas xa que Nerea Arambarri e Berta Rodríguez, comezaron as súas andainas no deporte da canastra nas Escolas Deportivas impartidas pola nosa entidade”.

 

También te puede interesar