Cultura

“Que haxa xente que cambie as vacacións para vir ao Festival de Riós é impagable”

N.FERNÁNDEZ/ A.ALBALADEJO.- “Miña nai da 30 comidas ao día e o meu pai érguese pola mañán e vai a pegar carteis”. O tipo que ten unha familia así non é de extrañar que sexa quen de montar un festival ‘do séptimo arte’, ‘de cine’ ou das ‘artes escénicas’ e se, ademáis, decide levar como nome artístico o da seu pobo, merece que a cousa vaia ben. O tipo é Rubén Riós, coma diría un das personaxes dos Simpson (que non sei moi ben porqué sempre sae logo de facerlle unha entrevista), os soará por títulos coma ‘Libro de familia’, ‘Prado longo’ ou ‘Vilamor’, e o festival é o de Riós.

Esta é a segunda vez que está na redacción de vigoalminuto, pouco que ver coa primeira: entón facía frío, non nos coñeciamos e a entrevista foi curta (estaba en plena promoción de ‘Vilamor’). Agora hai máis confianza, fai calor, ven en pantalón corto e camiseta, está relaxado e o tema da charla é o festival, e difruta.

Vigoalminuto.- De dónde ven a idea de montar un festival de cine, ou das artes escénicas en Riós? Por qué?

Rubén Riós.- A idea realmente xurdiu a medias con Abelardo Gabriel…coñecímonos traballando en ‘Libro de Familia’, empezou unha amizade…falabamos moito de cine, de teatro e entre os dous demos o paso…algo como para ver qué pasaba, se gustaba, se atraía á xente…para mi era moi importante que fose en Riós, é a miña casa, a miña familia ten unha carnicería que era do meu abo, logo dos meus país e agora do meu irmán, estoi moi orgulloso de ser de alí…de feioto eu son Rubén Rodríguez e cambiei nome por Rubén Riós…

VAM.- …e funcionou, seica…

R.R.- …sí, empezamos, hai cinco anos, cun nome moi sonoro ‘Festa do séptimo arte’ (risas)…e xuntamos a 600 personas e sen poner pinchos nin nada…foi toda unha sorpresa…

VAM.- …sen máis que poner cine?

R.R.- …sí, si, eso mismo, nada máis que amosando algo distinto a un público que, iso é verdade, coñéceme e apréciame moito, pero 600 personas foron moitas máis das que agardaba…

VAM.- …qué pasou o segundo ano?

R.R.- Foi aínda mellor, de 600 pasamos a 1.000 personas, algo que sí que é asombroso tendo en conta que nas festas xúntanse 400 ou 500 personas…craro, detrás hai un traballo no que colabora toda a miña familia, os amigos, veciños, compañeiros…

VAM.- …e sen pinchos, tamén

R.R.– (risas) sí, si, sen pinchos, sen pinchos, pero coa mesma idea de levar algo distinto e facer partícipe a personas moi distintas.

VAM.- E chegou o terceiro ano…

R.R.- Si, foi duro…morreu Abelardo…e tiven que seguir eu so…foi coma se me deixase solto, coma se dixese, veña xa podes facer ti, sen axuda…foi duro pero, ao mesmo tempo deume forzas para botarme adiante, tendo en conta que Abelardo tiña máis capacidade de producción, de mover máis prensa, de chamar a máis público, tiña máis convocatoria. Foi días despois da súa morte cando coñecín a Mar do Ceo…fíxate, era moi amiga de Abelardo e non coincidiramos, falamos e pediune que viñese ese ano e algo máis, que fixese o himno do festival, que está composto por Armando Rodríguez..e o fixo! e veu!…e chamamos a Manquiña entre outros artistas…

VAM.- …e a cousa foi ben..

R.R.-…sí, sí, moi ben, 1.800 espectadores…é a época na que a miña nai empeza a dar 30 comidas ao día, o meu paí encárgase de pegar carteis,o meu tío rega e corta leiras, e no que deixo sen vacacións a todo o mundo…porque esos días está o festival e hai que botar unha man…e no que empezó a pensar que funciona…hai que facerse a idea de que o festival é en pleno agosto, na provincia de Ourense, a preto de 40 grados de calor…e que a xente ven, a xente prográmase para pasarse por alí, e faino nos seus días de descanso.

VAM.- Eso aumentaría o nivel de responsabilidade para os seguintes anos?...tendo en conta que a expectación aumenta, aumenta o público…tería que aumentar a esixencia, empezando pola propia, ou non?

R.R.- Aumenta, pero máis por querer facelo ben, por querer que haxa máis que cine, por querer dar o mellor…pero tamén, logo de tres anos nos que foi ben, hai cousas non son tan difíciles…

VAM.- …por exemplo?

R.R.- …que veña xente distinta, que veña xente coñecida…o ano pasado estiveron ‘Los suaves’, Roberto Vilar, Segio Pazos…chegamos a máis de 3.000 personas, e sen perder a idea inicial de que fose alternativo, para un público diverso, para un público familiar feito de xeito familiar…é coma traballar a horta…a miña horta é este festival…e en agosto…

VAM.- …algo que chama a atención, cómo se paga todo isto?


R.R.-…este ano contamos cun presuposto de 70.000 €, eu poño o 30%, e o 70% restante son por medio de axudas
…do Concello de Riós, da Deputación de Ourense, da Xunta, a través do Consello da Cultura, patrocinadores, entre os que quero subliñar a Academia Postal e Platú…e os espectadores, que pagan 10 € polos dos días que dura o festival…e todo organizado pola Asociación Cultural da Castaña que é un dos patrimonios de Riós e que sempre quixen impulsar en todo o que poidese…

VAM.- …e os anos anteriores?

R.R.- …ben, os anos anteriores unha parte máis importante saía do meu peto…hai que ter en conta que hai firmas que non o ven rendible porque facelo en Riós e en agosto non creen que lles aporte clientes potenciais.

VAM.- Qué imos atopar quenes vaiamos a Riós os días 18 e 19 de agosto?

R.R.– Haberá 10 proxeccións, por suposto, este ano estará ‘Vilamor’ que, apenas unha semana antes proxéctase no mesmísimo Times Square de Nova Iorque, tamén proxectaremos as curtas gañadoras no Festival de Cans, co que temos xa un acordó, que esperamos poder asinar con outros festivais, hai unha participación, porque é unha idea que sempre quixemos levar adiante, cos centros galegos, este ano estará o de Badalona, hai unha festa gastronómica, colaborando coa denominación de orixe Pementos de Arnoia, haberá maxia, apoio a novos valores, actuacións de humor e, como xa sabedes, estará Luis Tosar co seu grupo ‘Di Elas’, o cal é un atractivo difícil de deixar pasar (risas)…e entregaremos a ‘Castaña de Cristal’ a un grande actor, o lucense Luis Iglesia, un dos valores máis importantes que temos en Galicia.

VAM.- Imposible non preguntarche, ademáis desa viaxe a Nova Iorque, qué tes entre mans?

R.R.– (risas)…é unha pregunta típica, non me digas que non? (risas)…ben, teño máis capítulos de ‘Libro de Familia’, sego traballando na miña productora, Claqueta Coqueta, de xeito modesto, a intervención en ‘Galaicus‘ e na coproducción de Circo Cine, quero facer monólogos, teño un tema realcionado coa castaña...varias cousas que non me deixan tempo para parar…pero que vou a contarvos a vos do de nin parar!

 

También te puede interesar