Unhas 200 persoas maniféstanse dende as 11 da mañán deste venres, ás portas da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo, contra os recortes nos servizos públicos aprobados polo executivo galego e o Goberno central.
Convocados por CCOO, UGT, CIG e USO, os concentrados que corean berros contra os responsables dos dous gobernos, Alberto Nñúñez Feijóo e Mariano Rajoy, portan unha pancarta na que pode leerse “Non ao saqueo do pobo, hai que impedir que nos arruinen”.
Estas manifestacións, segundo responsables sindicais, son parte das mobilizacións continuadas que están a levar a cabo contra a política económica das admisnitracións “rexidas polo PP”, ás que acusan de apostar pola privatización de servizos esenciales coma a Sanidade e a Educación “poñendo en risco de desaparición o Estado do Benestar”.