Urxencias Sanitarias de Galicia-061 vén de pór en marcha diferentes medidas para asegurar que a atención de urxencias e emerxencias sexa a axeitada nestas datas especiais. Neste período navideño, a Central de Coordinación do 061 rexistra un incremento da demanda sanitaria, produto do aumento de patoloxías relacionadas coa estación invernal e os excesos propios destes días, nas que tamén os accidentes de tráfico aumentan. Así mesmo, lembrar a toda a poboación galega o teléfono de información sanitaria 902 400 116 que traballa as 24 horas, os 365 días do ano para dar resposta a cidadanía ante calquera dúbida sobre posibles síntomas gripais ou calquera consulta sanitaria non urxente.
Novos turnos
A Central do 061 de Galicia vén de realizar distintas modificacións dos turnos adaptándose ás análises de incremento de chamadas nestas datas especiais, así próximos ao fin de semana o que supón a existencia dun reforzo habitual do servizo.
Isto supón apoio de persoal facultativo, teleoperador e locutor os días 24, 25, 26 e 31 de decembro e o 1, 2 e 5 de xaneiro de 2010, a maiores dos reforzos habituais no fin de semana o resto do ano.
Estes vindeiros días realizarase un reforzo do persoal facultativo nas quendas de noite de 22 a 8 horas, as noites do 24 e 31 de decembro. Así, no caso dos teleoperadores os días 25 e 1 de xaneiro contarase cun máis de 10 a 22 horas, e nas noites do 24 e 31 de decembro se reforza con tres teleoperadores máis de 22 a 8 horas.
Así mesmo, no caso dos locutores, operadores encargados de mobilizar o recurso trala valoración do médico da central, nestas festa se reforzará cun locutor máis nas noites dos días 24, 26, 31 de decembro e 2 e 5 de xaneiros de 22 a 8 horas.
En cánto aos recursos móbiles, o 061 é o responsable de xestionar e coordinar os servizos pre-hospitalarios en casos de urxencias e emerxencias que ocorran dentro da Comunidade galega tendo a perspectiva da totalidade da situación dos recursos sanitarios da nosa Comunidade en cada momento.
A todo o antedito hai que engadir que en cada unha das categorías disponse de persoal localizado as 24 horas do día. Así mesmo, permanecen tamén localizados os responsables do servizo de tecnoloxía, técnicos ou equipo directivo para dar resposta inmediata a calquera imprevisto que puidera xurdir.