Sucesos

Extinguido o lune que arrasou onte máis de 45 hectáreas no concello lucense de Sober

A nova foi confirmada este mesmo sábado pola Consellería do Medio Rural. Hai que lembrar que  o lume comezou onte, venres, ás 16:27 horas e quedou finalmente extinguido ás 01:20 horas desta madrugada.

Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 45,4 hectáreas, das cales, 38,4 son de monte raso e 7 de arborado. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 3 técnicos, 4 axentes forestais, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pala, 5 helicópteros e 10 avións.

 

También te puede interesar