Vigo al minuto

Empezan as Festas de Vigo, ainda que non faga un sol de carallo

Onte o fixo oficiosamente, na actuación de ‘Os Resentidos’ en Castrelos, en plan revival levando, aos que temos idade para lembrarnos, aos anos da ‘Movida’, ande andará., e hoxe oficialmente, diante das autoridades, con inxenio, algo que non é doado cando andan políticos de por medio.

Antón Reixa, o da Galicia Caníbal, ‘mira Paqui que lejos llegó este rapaz’, o presidente da SGAE, a socierdade de autores, o sustituto de Tedy Bautista, te di, te di, te di lo mejor, te di te di, foi quen no só de ler, senon de escribir o pregón que este sábado deu inicio as Festas de Vigo, á Semán Grande de Vigo, as Festas do Cristo ou como se chamen agora.

Reixa falou do Vigo real, do Vigo “de Chapela á Guía, de Teis ao Porto e dos bocadillos de calamares da mocidade nas Avenidas”, tivo unha lembranza para as loitas do Naval, ‘hei nena, son como o sector naval!’, asegurou que o Cristo “que chegou por mar, era de Ourense” e subliñou que “dende o Vigo, o dos jichos e jichas,  pódese ir nadando ate a Quinta Avenida de Nova Iorque e voltar, de espaldas, para chegar a Bouzas”.

O músico, escritor, cineasta, profesor e, ademáis, dirixente dos escritores, músicos e cineastas, reivindicou a súa orixe viguesa, reivindicando banjo la lluvia, a cidade eterna “dende o novo Casco Vello a As Almas Perdidas” e rematou, foi o único típico do seu discurso, berrando “Viva Vigo e viva Galicia!

 

También te puede interesar