É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másOs veciños celebran este domingo a recuperación das fontes de Tortoreos
O vindeiro domingo os veciños que así o desexen volverán a gozar do terceiro Camiño das Fontes na parroquia de Tortoreos, en A Neves. O ponto de encontro será na Fonte de Señores, na estrada que leva a Ponteares, xusto no cruce coa antiga estrada que vai cara ao Rabelo e da pista cara a Vilanova.
Segundo informa a organización, a ruta comezará ás 9:00 horas descrubindo unha peza escultorica -doada por Luis Ferreria-conmemorativa desta terceira edición do Camiño das Fontes. Xa dende o principio da festa, ‘A puchadiza’ -cultivos ecolóxicos- contribuirá achegando aos asistentes o sabor natural do seus froitos.
Xa sobre ás 9:35 horas os participantes andarán pola Fonte de Vilanova, logo no Rabelo (Fonte de San Raboa), para seguir polas Pias/O Coto (Fonte de Entre-Regueiros).
Unha vez na Fonte do Rego, como ven sendo costume, a organización da festa ofrecerá uns petiscos e un viño –cedido unha vez máis pola Abadia de Tortoreos e Señorío de Ruibiós-.
Ase mesmo, a Cooperativa do Requeixo e Mel de As Neves ofrecerá como agasallo aos participantes unha selección do seus produtos.
A organización conta tamén que “unhas pezas de musica, e auga abondo, xa nos van levando cara o Reguengo, Fonte de Silvares, Fonte do Reguengo, e despois cara Chan (Fonte da Chan) e Fonte da Venda” e que xa no camiño a Santa Mariña “deteremonos este ano na Fonte da Laranxeira na parroquia de Liñares”.
Máis tarde, sobre ás 13:30 horas chegarase a área recreativa de Santa Mariña, na beira do río Mio, onde a organización da festa terá dispostas mesas -co colaboración co Concello- para o xantar. Estarán presentes o Pulpeiro Julio do Carballiño que ofrecerá carne o caldeiro, pan e pulpo e ‘O Chiringo’ de Santa Mariña que terá listas as bebidas.
Pola tarde, a música espontánea dos asistentes inundará de notas a carballeira e alimentará os espíritus.