Os nosos compañeiros do vigolowcost contan hoxe que deu comezo unha das datas máis sinaladas do verán galego, trátase da festa da Istoria de Ribadavia, declarada de Interese Turístico Nacional. A Festa da Istoria recorda, ano tras ano, a historia desta vila e a súa bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias de épocas pasadas nunha recreación medieval onde se encontran representadas as distintas culturas, relixións, oficios e clases sociais daquela época.
Durante os dous días temos unha morea de actividades que sumadas á ambientación e ao propio casco vello de Ribadavia fan da festa da Istoria un evento único, recoméndase ir vestido acorde coa época medieval, por exemplo cunhas prendas de liño.
Pago en marabedís
A moeda da festa da Istoria é o marabedí, isto dálle máis ambientación á festa. O seu uso é obrigatorio nos postos de rúa e de artesáns e é recomendable en todos os establecementos da vila. Poderás cambiar os teus euros por marabedís no Banco da Alhóndiga, na Praza Maior. A primeiras horas da tarde xa se poden volver cambiar os marabedís sobrantes por euros.
Se queres coñecer máis detalladamente o programa das festas pincha aquí.