+barato

Volve o Festival Internacional de Curtametraxes en Bueu

Dende vigolowcost informan hoxe que na primeira semana de setembro temos unha cita co cine na vila de Bueu, no Centro Social do Mar de Bueu proxectaranse 25 curtas de 13 países dentro da programación do 5º FICBUEU2012, o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu. O festival contará nesta quinta edición con dous pases diarios de balde para dar cabida ao numeroso público que cada ano acode ás proxeccións.

Un festival centrado na produción internacional

A organización do FICBUEU2012 recibiu este ano un total de 482 candidaturas procedentes de 47 países. Na sección oficial, ademais de Galicia, con dúas curtas, destaca a presenza doutras catro producións españolas. Tres propostas chegan de Francia, e outras tantas de Irán e Polonia, mentres que dúas concorren desde Alemaña. Tamén competirán cineastas de Noruega, Italia, Arxentina, Holanda, Perú, Estonia, Malaisia ou Australia, estes catro últimos países presentes por primeira vez nas proxeccións.

Horarios e programación

Do 3 ao 7 de setembro, realizaranse as proxeccións no Centro Social do Mar de Bueu 25 curtas de 13 países, mentres que o sábado día 8 terá lugar a entrega de premios e a gala de clausura. En cada xornada haberá un primeiro pase ás 20.00 e outro ás 22.00, ambos os dous con idéntica programación, de 74 minutos de duración aproximada e de entrada libre. Ademais ao finalizar as proxeccións os asistentes poderán votar ás súas favoritas para outorgar premio do público.

Máis información:

Se queres coñecer outras propostas de vigolowcost pincha aquí.

También te puede interesar